COLABORA: EMPRESAs

Para participar no programa debes ofrecer unha contribución solidaria ás empresas que soliciten os teus servizos, solucións ou dispositivos. Poden ser gratuítos ou ter un prezo que poida demostrarse que é significativamente inferior respecto ao custo habitual.

 

A distribución das peticións de axuda realizarase de forma equitativa entre todas as empresas participantes e de forma proporcional ao número de peticións que cada empresa se comprometa a atender.

 

Para recibir as condicións de participación, completa o seguinte formulario:

COMO PODES AXUDAR?
Empresas de Servizos de Tecnoloxía

Deberán proporcionar asesoramento telefónico gratuíto de polo menos 4 horas para cada organización solicitante de axuda (ata un número máximo establecido pola propia empresa colaboradora) co fin de axudar a activar as tecnoloxías do programa para a plataforma de teletraballo, así como prácticas de traballo remoto.

Fabricantes de Equipamento Tecnolóxico

Deberán facilitar, directamente ou a través das empresas participantes, condicións especiais para poder adquirir dispositivos que poidan axudar a habilitar o teletraballo. Algúns exemplos deste tipo de elementos son: ordenadores portátiles, equipos de videoconferencia, cámaras web, auriculares, teléfonos móbiles, etc.

Empresas de
Comunicacións

Deberán facilitar, directamente ou a través das empresas participantes, condicións especiais para ampliar largo de banda de comunicacións, que poidan axudar a habilitar o teletraballo.

Enche o seguinte formulario para unirche á iniciativa como empresa colaboradora